Que é a Mostra?

A MOSTRA DO POSIBLE

A Mostra do Posible de Cangas do Morrazo é un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.

Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas,  defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

A primeira edición da Mostra do Posible realizouse en Cangas do Morrazo o 7 e 8 de outubro de 2017. Participaron 52 entidades sociais galegas e realizáronse 21 actividades durante esa fin de semana organizadas de xeito que quixemos amosar as alternativas existentes para cada un das nosas necesidades na vida cotiá. Podes consultar o programa da MdP17 ou ver o video incrustado ao final desta páxina.

A segunda edición realizouse en Cangas o 6 e 7 de outubro do 2018. Participaron 45 colectivos e REAS a Rede de Economía Alternativa e Solidaria. Además organizouse a I Feira de Ecoloxía e Artesanía con 15 postos e realizáronse 18 actividades: presentacións, obradoiros, palestras, proxeccións.  Consulta o programa da MdP18. Tamén podes ver os videos de tódalas actividades no noso canal de youtube.

A terceira edición terá lugar en Cangas o 5 e 6 de outubro do 2019. Si formas parte dun Movemento Social ou dunha Empresa de Economía Solidaria non dubides en inscribirte.

Non dubides en facernos chegar calquera suxerencia, será benvida: info@mostradoposible.gal