13 GRADOS

logotipo 13 grados cooperativa para a mostra do Posible

13 GRADOS

Trece graos é a temperatura que adoita ter a auga no fondo das rías galegas. Unha temperatura que traen as correntes frías dende as profundidades do océano ata as nosas costas. As mesmas correntes que enchen as augas de nutrientes, permitindo que exista unha grande biodiversidade e que as tinguen da súa característica cor verde. 
Agora 13 GRADOS tamén da nome a unha cooperativa sen ánimo de lucro adicada á educación ambiental dende a que queremos dar a coñecer a riqueza das paisaxes submarinas que abranguen o fondo das Rías Baixas e as peculiaridades dos seus habitantes. Pero tamén mostrar a situación e as ameazas as que se enfronta o medio marino e como o noso estilo de vida inflúe de xeito directo sobre a súa saúde para engadir o noso gran de area na conservación de algo tan fascinante e necesario como o mar. Libros, charlas, obradoiros, exposicións fotográficas, ilustracións… todo nos serve para achegarte un pouco máis a este gran descoñecido.

CONTACTO:

Silvia : 666457285
Sara : 680103160
13gradosvigo@gmail.com